Martes 11 de octubre 2011
Axenda
"Cartografías silenciadas" no Auditorio de Galicia
Comisariada por Chus Martínez, a exposición Cartografías silenciadas, de Ana Teresa Ortega, xira arredor de fotografías de espazos de represión e encarceramento franquista.
Do 27 de xullo ao 20 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Limiar de soños. Rubia-Granell" na Fundación Granell
A Fundación Eugenio Granell acolle unha nova expo
Axenda
Mostra sobre Francisco Asorey na Fundación Torrente Ballester
Exposición sobre a figura de Francisco Asorey.
Do 9 de setembro ao 30 de outubro na Fundación Gonzalo Torrente Ballester
Axenda
+ Curtocircuíto
Os mellores curtos da edición 2011 do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, exhíbense no Auditorio e nos centros socioculturais. Desta vez, proxectaranse os Premios Goya 2011.
O martes 11 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Axenda
"Oeste solitario"
Produccións Excéntricas S.L. estrea o seu último traballo: Oeste solitario. Trátase dunha obra de Martin McDonagh, autor tamén de Un cranio furado, que Excéntricas presentou na tempada pasada, e que mereceu o aplauso do público e cinco premios Maria Casares. Con Oeste solitario, Martin McDonagh fechou a súa Triloxía de Lennane.
Os días 10, 11 e 12 de outubro, no Teatro Principal.