Jueves 29 de septiembre 2005

Axenda

Xornadas Culturais Uruguaias

Do 29 de setembro ao 1 de outubro, a concellería de Emigración e Inmigración, xunto á Asociación de Uruguaios en Compostela e o Consulado Xeral de Uruguay-Galicia, organiza unhas xornadas culturais uruguaias con diversas actividades.

XOVES 29 SETEMBRO:
Centro Sociocultural "José Saramago".
Das 20:30 ás 22:00 hs.
Presentación das Xornadas
D.ª Teresa Regúlez Blázquez. Concelleira de Emigración e
Inmigración do Concello de Santiago.
D. Gonzalo Koncke Pizzorno. Cónsul Xeral de Uruguai.
D. Manuel Luis Rodríguez González. Secretario Xeral de Emigración, Xunta de Galicia.
D. Xosé. A. Sánchez Bugallo. Alcalde de Santiago de
Compostela.
"Uruguai: un país, unha imaxe".
D. Gonzalo Koncke Pizzorno. Consul Xeral de Uruguai.

VENRES 30 SETEMBRO:
Centro Sociocultural "José Saramago".
Das 20:30 ás 22:00 hs.
"Uruguaios en Compostela"
D.ª Teresa Regúlez Blázquez. Concelleira de Emigración e
Inmigración do Concello de Santiago.
D. Alejandro Magamo Valenzuela. Presidente da "Asociación
de Uruguayos en Compostela".
D. Gonzalo Koncke Pizzorno. Cónsul Xeral de Uruguai.
"A plástica uruguaia no conxunto hispanoamericano."
D.ª Luz Darriba

SÁBADO 1 DE OUTUBRO:
Pavillón de Santa Isabel.
A partir das 20:00 hs.
Mostra do folclore uruguaio
Coro da Asociación 25 de Agosto. A Coruña.
Grupos de danza Asociación Uruguaios polo Mundo.
(Carballo) e Asociación 25 de Agosto (A Coruña) "Raíces
Charrúas".
Candombe a cargo da Corda de Tambores de Vigo.
Actuacións estelares de "Numa Moraes", cantautor e
interprete e "La Murguera". Conxunto do carnaval Uruguaio.
Peche das xornadas
GRAN FESTA BAILABLE. Coas actuacións de:
Banda de Nash
Grupo Bate que Bate.

Axenda

Exposicións da Fundación Granell

"O estudio e os amigos de Granell" e "Revelación Profana" na Fundación Granell.

"O estudio e os amigos de Granell" recrea o estudio do pintor e mostra obra de Granell e doutros amigos surrealistas. Aberta ata o 31 de outubro.

"Revelación Profana", do Grupo surrealista de Leeds, Gran Bretaña. Ata o 17 de outubro.

Axenda

VI Ciclo de Lied Santiago de Compostela

Ás 21 horas no Teatro Principal, concertos do Ciclo de Lied "Un soño de Italia".

Mércores 28
Hakan Vramsmo, barítono
Roger Vignoles, piano.

OUTUBRO
Venres 14
Laura Claycomb, soprano.
Roger Vignoles, piano.

Axenda

"So sobre" no Principal

Fe e Esperanza malviven da limpeza, até que investigan formas de ascender na escala social, nesta montaxe cómica de Sapristi.

Compañía Sapristi
Director: Evaristo Calvo
Intérpretes: Patricia Vázquez, Nuria Sanz
29 de setembro de 2005 ás 21 horas.

So-sobre segue a tendenza británica do "madness touch", toques de loucura e humor ao extremo encarnado por Patricia Vázquez e Nuria Sanz, coa música de Piti Sanz (bases) e Ro Rodríguez (percusión).
Fé e Esperanza son dúas mulleres ás cales lles deu a sorte formar parte da lexión de persoas que deben gañar o sustento malvendendo as horas das súas vidas executando traballos no penúltimo paso da escada social a cambio dunha presa de euros que, coma a area, desaparecen en canto abres a man.
Traballando para unha empresa de limpeza, apenas alcanzan o mínimo para a súa subsistencia. Cada unha toma ao seu xeito este estado económico. Fe, unha nihilista patolóxica, non o asimila ben e pasa o día cismando por atopar unha saída. Esperanza, católica regulamentarista, confórmase co que sexa e soña cun maná que non dá chegado.
Fe toma a iniciativa e cuns cartos gañados en servizos de limpeza especial, basicamente escabechinas na casa dalgún mafioso, e moi ben pagos, solicita unha licencia para establecer unha liña erótica telefónica.
Os ingresos comezan a subir, polo que parece que a sorte cambia para as dúas mulleres. Por primeira vez na súa vida poden subir un paso na escada social de marras.

Sapristi comeza a súa andaina neste ano, froito de antigos compoñentes de Ollomol Tranvía e achegados, como empresa titelada por Mohicania SL nun principio e máis tarde por P.T. Excéntricas.
Agora independente, continuando coa tendenza estética de Hotel Run, Sapristi aposta pola interacción de danza, música e teatro, achégase aos extremos do cómico e trata contidos universais.

O que nace pois con Sapristi non é unha nova empresa de producións escénicas, senón un organismo cuia razón de ser é a materialización dun xeito particular de entender o espectáculo.

Compartir: