Miércoles 2 de noviembre 2005

Axenda

Concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia

O mércores día 2 haberá, en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas unha actuación da Real Filharmonía de Galicia xunto aos Monicreques de Kukas.

O Auditorio de Galicia abre o ciclo de Concertos Didácticos da tempada, con dous concertos da Real Filharmonía de Galicia.

A Real Filharmonía de Galicia, interpretará a obra de Manuel de Fallla (1876-1946) "El retablo de Maese Pedro", cunha posta en escena de "Os Monicreques de Kukas", e a actuación dos solistas Carmen Gurriarán, soprano, o tenor Diego Bernal e o barítono Augusto Brito.

Compartir: