Viernes 14 de febrero 2014
Axenda
Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"
As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.
Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.
Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.
Axenda
"Sede de mal"
Boneca Lareta presenta Sede de mal, nha comedia musical sobre o lado escuro da vida. Humor, teatro, música ao vivo con blues e rock and roll "á galega" cos dous dos personaxes mais importantes da escena galega dos últimos anos.
O xoves 13 e o venres 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Ute Lemper
Ute Lemper, unha das artistas internacionais de maior relevancia na actualidade, visita Santiago para presentar o seu novo disco, Forever: the love poems of Pablo Neruda. Con este novo disco Ute Lemper rende homenaxe á obra que o poeta chileno Pablo Neruda escribiu durante o seu exilio, sempre desde a visión que esta carismática artista imprime a todas as súas composicións.
O venres 14 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco.
Máis información: Compostela Capital Cultural