Jueves 6 de febrero 2014
Axenda
Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"
As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.
Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.
Axenda
Paseo pola danza
Espectáculo didáctico de danza impartido por Leodán Rodríguez e por Isabel Sánchez.
O xoves 6 de febreiro, ás 10:00 e ás 12:00 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado", de Daniel Candal: exposición fotográfica no Ensanche
Auschwitz-Birkenau, unha mirada ao pasado é un conxunto de 25 imaxes en branco e negro sobre o maior campo de concentración e exterminio da historia do nazismo. 25 fotografías acompañadas de textos explicativos sobre os motivos concretos de cada unha delas, explicacións históricas e relatos de prisioneiros.
Do 27 de xaneiro ao 8 de febreiro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"
Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.
Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.
Axenda
Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Paul Daniel e Behzod Abduraimov ao piano intepretará obras de B. Dean, F. Mendelssohn, e L. v. Beethoven.
O xoves 6 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
León Benavente
León Benavente é un cuarteto de curta vida, formado por algúns dos músicos máis reputados da escena alternativa estatal, onde sobresaen por dereito propio os nomes de Abraham Boba e Luís Rodríguez, ambos fieis escudeiros na traxectoria solista de Nacho Vegas, aos que nesta aventura súmase o bo facer dos non menos importantes Edu Baos, membro de Tachenko, e César Verdú, militante nos murcianos Schwarz. Concerto incluído no ciclo Compostela Rock.
O xoves 6 de febreiro, ás 21:00 horas, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural