Viernes 5 de octubre 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Na miña bicicleta", mostra fotográfica de Ángel Luis Utrera
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolle a mostra Na miña bicicleta, con fotografías de Angel Luis Utrera.
Do 2 ao 13 outubro no CSCXM do Ensanche.
Axenda
Galicreques 2012
Celébrase o XVII Festival Internacional de Monicreques, Galicreques. En total serán 44 funcións de monicreques, ás que haberá que sumar obradoiros, exposicións e mesas redondas. As entradas están xa á venda no Teatro Principal, a Zona "C" e a SGAE-Fundación de Autor.
Do 29 de setembro ao 7 de outubro en varios espazos da cidade.
Axenda
As noites do Club da Comedia con El Monaguillo, Franquesa e Broncano
O Club da Comedia, emblemático programa que se emitiu en todas as cadeas nacionais con gran éxito dado que é seguido por máis de 2 millóns de espectadores, ofrece a posibilidade de gozar desa mesma experiencia en directo con As noites do Club da Comedia, con El Monaguillo, Franquesa e Broncano.
O venres 5 de outubro, ás 22:30 horas, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural