Lunes 29 de octubre 2012
Axenda
"Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956"
O Auditorio acolle a mostra Eugenio Granell no paraíso centroamericano, 1940-1956, enmarcada no centenario de nacemento do artista. Un rigoroso traballo de selección Pilar Corredoira, comisaria desta mostra, que nos permite coñecer a fondo a etapa do exilio en Santo Domingo, Guatemala e Porto Rico.
Do 4 de xullo ao 4 de novembro, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Aquaflora", mostra fotográfica de Andrés Vilas no Ensanche
Andrés Vilas expón as súas fotografías nunha exposicion no Ensanche baixo o título Aquaflora.
Do 17 ao 30 de outubro no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
Axenda
Xornadas de Música Contemporánea
Novo concerto dentro das Xornadas de Música Contemporánea, desta vez co Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), dirixido por Diego García. Nicasio Gradaille presenta un espectáculo no que se homenaxeará a John Cage no seu centenario.
O luns 29 de outubro, ás 20:30 horas, na Cidade da Cultura.
Máis información: Compostela Capital Cultural