Martes 19 de mayo 2009
Axenda
Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"
A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.
Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".
Axenda
"A vida de Rosa día tras día", da compañía Mariclown
O Teatro Principal acolle a posta en escena de "A vida de Rosa día tras día", da compañía Mariclown, que conta a historia dunha muller forzada a vivir segundo os canons sociais establecidos. Organiza a Concellaría da Muller.
O martes 19 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.