Martes 30 de diciembre 2008
Axenda
"Artisticamente (in)correcto", de Amaya González, na Zona "C"
A Zona "C" compostelá cede o seu espazo a unha artista moza de Pontevedra, Amaya González, que realizará unha intervención artística baixo o título de Artisticamente (in)correcto.
Do 18 de decembro ao 8 de febreiro na Zona "C".
Axenda
A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia
Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.
Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Música de baile no VIII Festival de Zarzuela de Santiago "Todo lírica"
Continúa o VIII Festival de Zarzuel de Santiago Todo lírica, no que se vai interpretar música de baile na zarzuela, do pasodobre ao fox-trot, con obras de Sorozábal, Chueva, Giménez, Guerrero, Luna, Alonso e Soutullo.
O martes 30 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.