Lunes 17 de diciembre 2007
Axenda
Santiago dC
A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.
A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.
Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).
Axenda
Títeres no Principal
A concellaría de Educación organiza unha nova representación de títeres. Neste caso, Títeres Trompicallo trae a escena "Bolboreta". Dirixe Santiago Montenegro. Textos, deseño e interpretación: Luís González e Marián González. Música orixinal: Ignacio Sanz.
O luns 17 de decembro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.