Domingo 10 de septiembre 2006

Axenda

Esculturas de xeo no Obradoiro

O equipo norteamericano de escultores de xeo "Fear non ice" realizará na Praza do Obradoiro unha morea de esculturas de xeo alusivas á Peregrinación e ao Camiño de Santiago.

O domingo 10 de setembro, ás 17:00 horas, na Praza do Obradoiro.

Axenda

"Obxectos fotográficos" no Auditorio

Últimos días para visitar "Obxectos fotográficos" no Auditorio. José Manuel Fors, José Ramón Bas e Graciela Sacco amosan a súa obra nesta exposición, que quere achegarse ás novas posibilidades do mundo da fotografía a través da obra de tres artistas que teñen en común a importancia do valor obxectual da fotografía e as posibilidades de experimentar que permite.

Ata o 17 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Axenda

Cen anos da historia da arte a través dos "Itinerarios artísticos"

"Itinerarios artísticos. Colección Fundación María José Jove" é un proxecto cultural que inicia en Santiago de Compostela unha viaxe polas principais cidades galegas. A exposición inclúe unha selección de obras de autores clave no ámbito galego e español, que permitirá ao espectador percorrer máis de cen anos de historia da arte, desde os primeiros pasos do século XX até os nosos días.

Ata o 1 de outubro, no Museo do Pobo Galego.

Compartir: