Viernes 6 de octubre 2006

Axenda

XI Edición de "Galicreques"

O Festival Internacional de Títeres "Galicreques 2006" trae de novo a Santiago ás mellores compáñías do mundo. O programa de actuacións complétase con diversos obradoiros, exposicións e outras actividades.

Do 2 ao 8 de outubro, en varios espazos da cidade.

Axenda

A cidade interpretada

Un novidoso proxecto artístico internacional trae a Compostela a oito artistas plásticos, que ofrecerán pautas de reflexión sobre os espazos públicos e o seu uso como lugares de encontro e convivencia.

Ata o 31 de decembro en distintos espazos da cidade: Praza do Toural, Trisca, Praza de Cervantes, Hortas...

Axenda

Pista Catro presenta a Tomate

Catro personaxes, moita ironía, guións que rozan o absurdo e moi poucas palabras son os ingredientes prinicipais nos espectáculos do irreverente clown arxentino Tomate, que chega a Compostela da man de Pista Catro.

Do 5 ao 7 de outubro, ás 22 horas, na Sala Nasa.

Axenda

"Domani Lavoro", de Paco Rocha

"Domani Lavoro" é froito dun traballo en distintas cidades de Italia, onde se plasman imaxes do entorno urbano e retratos. A colección de 18 fotografías en branco e negro é obra de Paco Rocha.

Do 6 ao 30 de outubro, no Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: