Sábado 4 de junio 2005

Axenda

IV Semana Cultural das Fontiñas

No Centro Sociocultural das Fontiñas

•Desde as 10.30 horas. Torneo de warhammer
•11.00 a 13.00 horas. Taller de manualidades para maiores: Figuras decorativas.
•11.00 a 12.30 horas. SAÍDA MEDIOAMBIENTAL para nenos/as (5 a 10 anos). Taller de técnicas de recollida de artrópodos.
•12.00 a 13.30 horas. Encontro de xadrez.
•12.30 horas. CONTACONTOS para pequenos
•17.00 horas. Entrega de diplomas do "xogador do mes".
•17.00 a 18.00 horas. Aula informática: taller de debuxo por ordenador.
•17.30 horas. CINE INFANTIL DE ESTREA.
•De 18.00 a 20.00 horas. Inicio do curso de internet para nenos/as
•19.00 horas. Obradoiro de Teatro Clown para nenos/as. Representación de "Don Quixote e Sancho Panza"
•20.00 horas. Actuación do coro e gaitas de CANTIGAS E AGARIMOS.
•20.00 horas. Maratón de xogos na AULA DE INFORMÁTICA.

Axenda

Presentación do Racismomatón

Estará ubicado durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur.

O Racismomatón consiste nunha cabina de fotomatón computerizada na que, por medio dun xogo de ordenador, permite, libre e voluntariamente, someterse a un sinxelo test de cinco minutos que avalía as actitudes do usuario cara ao inmigrante.

O test non ten por obxecto determinar se o usuario é ou non racista, senón sensibilizar sobre o problema inducindo o debate e a reflexión.

Axenda

Guía de entidades de servizo á cidadanía de Fontiñas

O día 1 de xuño, ás 20,30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

O 1 de xuño, ás 20,30 horas, no el Centro Sociocultural de Fontiñas e dentro da celebración da IV semana cultural de Fontiñas, terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

Nela ofrécese información á cidadanía de Fontiñas sobre os programas e recursos dos que dispoñen nas distintas entidades do barrio.

Na guía participan:
1.- Centro sociocultural das Fontiñas.
2.- Concellaría da muller.
3.- Unidade de Traballo Social de Fontiñas - Servicios Sociais Municipais.
4.- Unidade Municipal de atención a drogodependentes (UMAD).
5.- Centro de saúde de Fontiñas.
6.- CEIP Fontiñas.
7.- IES Antón Fraguas.
8.- CEIP Monte dos Postes.
9.- Cruz Vermella.
10.- Cáritas Parroquial de Fontiñas.
11.- Programa de atención a familias monoparentais "Abeiro".
12.- Asociación Chavós.
13.- Fundación Secretariado Gitano.
14.- Asociación de veciños "As Fontes".
15.- ANPA "Fontela".
16.- Asociación de pensionistas e xubilados.
17.- Asociación Alfaia.
18.- Asociación Solfa.
19.- Club deportivo das Fontiñas.
20.- Outras entidades de interés.

Axenda

"Virxes" na Sala NAsa

Día 2 ás 22.00 horas e días 3 e 4 ás 23.00 horas.

Na Sala Nasa, estreo de "Virxes": western relixioso e cabareteiro interpretado por Andrea Álvarez, Sonia Méndez e Paula Sanmartín, tres xoves actrices que xuntan as súas forzas para botar a andar co descaro necesario.

Compartir: