Martes 31 de mayo 2005

Axenda

Exposición "El Quijote. Perspectivas" no Csc "José Saramago" de Vite

Ata o vindeiro 31 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago", de Vite. Aberta ao público de martes a sábado en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Na exposición, as ilustracións seleccionadas, entre elas as clásicas de Doré ou as máis persoais de Vela Zanetti, son o punto de partida para ver "El Quijote" dende outras perspectivas: contos, versos e adaptacións teatrais, xunto a versións íntegras e datos curiosos sobre a obra. A exposición tamén nos achega á vida do autor, á súa biografía, o seu estilo narrativo, a época histórica na que viviu, curiosidades, personaxes contemporáneas, etcétera. Aspectos que axudarán ao visitante a comprender a obra e a interesarse pola súa lectura.

Axenda

Guía de entidades de servizo á cidadanía de Fontiñas

O día 1 de xuño, ás 20,30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

O 1 de xuño, ás 20,30 horas, no el Centro Sociocultural de Fontiñas e dentro da celebración da IV semana cultural de Fontiñas, terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

Nela ofrécese información á cidadanía de Fontiñas sobre os programas e recursos dos que dispoñen nas distintas entidades do barrio.

Na guía participan:
1.- Centro sociocultural das Fontiñas.
2.- Concellaría da muller.
3.- Unidade de Traballo Social de Fontiñas - Servicios Sociais Municipais.
4.- Unidade Municipal de atención a drogodependentes (UMAD).
5.- Centro de saúde de Fontiñas.
6.- CEIP Fontiñas.
7.- IES Antón Fraguas.
8.- CEIP Monte dos Postes.
9.- Cruz Vermella.
10.- Cáritas Parroquial de Fontiñas.
11.- Programa de atención a familias monoparentais "Abeiro".
12.- Asociación Chavós.
13.- Fundación Secretariado Gitano.
14.- Asociación de veciños "As Fontes".
15.- ANPA "Fontela".
16.- Asociación de pensionistas e xubilados.
17.- Asociación Alfaia.
18.- Asociación Solfa.
19.- Club deportivo das Fontiñas.
20.- Outras entidades de interés.

Axenda

I Semana Cultural do Castiñeiriño

Do 14 ao 18 de xuño

Martes 14
20.00 h.
Inaguración da I Semana Cultural do Castiñeiriño a cargo da Concelleira delegada de Centros socioculturais Mercedes Rosón.
Expósición do escultor Manuel Gondelle.
Mostra dos traballos feitos nos talleres da A. M. Recandea.
Viño galego.

21.00 h.
Charla: O mundo editorial. Carlos Sanpedro. Clube de lectura do Castiñeiriño.
21.00 h. Música e taller aberto de danza.

Mercores 15
16.00-18.00 h. Tertulia radiofónica en directo a cargo da periodista Ana Iglesias.
18.00-19.00 h. Xogos tradicionais o aire libre.
18.00-1900 Xogos na aula de informática.
18.00-20.00 h. Taller de radio en directo con Alvaro Veiga.
20.30 h. Teatro para todos os públicos coa obra "Lola", melodrama galego. Aulas da terceira idade.
22.45 h. Cine ao aire libre en pantalla xigante, no parque do centro sociocultural coa pelicula "Big fish".

Xoves 16
16.00-18.00 h. Tertulia radiofónica en directo a cargo da periodista Ana Iglesias.
16.30-18.30 h. Taller aberto de Corte e confección da asociación Recandea.
17.00-18.00 h. Taller de Papiroflexia.
18.00 h. Teatro para nenos: espectáculo de guiñol. Compañía Trécola. "O número oito da rúa dos contos".
18.00-19.00 h. Xogos na aula de informática.
18.30 h. Campeonato de Tute.
18.00-20.00 h. Taller de radio en directo con Alvaro Veiga.
19.00-20.00 h. Taller aberto de ximnasia da asociación Recandea.
20.30 h. Taller aberto de bailes de salón da asociación Recandea co profesor Francisco Muñiz.

Venres 17
16.00-18.00 h. Tertulia radiofónica en directo a cargo da periodista Ana Iglesias.
16.00-18.00 h. Taller aberto de esgrima.
17.00 h. Festa da espuma no parque do Centro sociocultural.
18.00 h. Taller de recoñecemento, recollida e secado de plantas mediciñais. Saída polo barrio.
19.00 h. Xogo por equipos.
18.00-19.00 h. Xogos na aula de informática.
18.00-20.00 h. Taller de radio en directo con Alvaro Veiga.
20.00 h. Degustación e cata de meles. Coa colaboración da asociación galega de apicultura.
22.45 h. Cine o aire libre, no parque do centro sociocultural coa película "Sky captain y el mundo del mañana".

Sábado 18
11.00-13.00 h. Juego de pistas por equipos.
13.00 h. Taller de educación vial impartido polo cabo Carouda policía local de Santiago.
17.00-18.00 h. Tertulia radiofónica en directo a cargo da periodista Ana Iglesias.
17.00 h.Hinchables para nenos/as no parque do centro sociocultural.
18.00-20.00 h. Taller de radio en directo con Alvaro Veiga. Magazin
19.00 h. Taller de chaveiros persoalizados.
19.00 h. Encontro de cociña intercultural e degustación de productos doutras culturas (México, Arxentina, Venezuela e Palestina).
20.00 h. Baile para maiores co dúo master.
21.00 h. Despedida sorpresa

Axenda

IV Semana Cultural das Fontiñas

Actividades enmarcadas na IV Semana Cultural das Fontiñas

IV Semana Cultural das Fontiñas

Luns 30 de maio
19.00 h.
Presentación da IV Semana Cultural das Fontiñas a cargo da concelleira delegada de Centros Socioculturais, dona Mercedes Rosón Ferreiro.
•Apertura da IV Semana Cultural coa actuación musical de KAMELAMOS GUINAR (música intercultural) e Marcos Teira acompañadi de Teresa Sayas.
•Exposición fotográfica: "Rexistro de imaxes", con fotos de recoñecidos fotógrafos sobre Santiago de Compostela.
•Exposición filatélica con selos cedidos polo presidente da Asociación Filatélica de Santiago, don José Guitian.
•Viño galego

Martes 31 de maio
•12.00 horas. Teatro para nenos/as:. Cuando Sico encontró a Luna. Colexio convidado: Vilas Alborada. Compañía de teatro DUENDESICO.
•11.30 horas. Talleres para maiores de expresión corporal e creatividade, con monitorado especializado.
•12.30 a 13.30 horas. Xogos interactivos por ordenador para persoas maiores: Xoga coa memoria.
•Desde as 17.00 horas. Xogos na ludoteca, obradoiros de música (0 a 5 anos).
•17.00 horas. Inicio do torneo de xogos de mesa para maiores.
•De 18.30 a 19.30 horas. Talleres para nenos/as: xoguemos coa danza (de 5 a 9 anos).
•De 19.30 a 20.30 horas. Talleres para nenos/as de deseño e confección de abalorios (a partir dos 9 anos).
•18.30 – 20:00 horas. Xogos interactivos na aula de informática: xadrez

Mércores 1 de xuño
•11.30 horas. Monicreques de KUKAS. Contos do vento acatarrado. Colexio convidado: Colexio Público das Fontiñas.
•11.30 horas. Charla sobre alimentación: "Que o teu alimento sexa o teu medicamento". Imparte: dona Otilia Quireza Ramos, doutora en Medicina. Especialista en Medicina Biolóxica.
•12.30 horas. Xogos interactivos por ordenador para persoas maiores: xogos lóxicos.
•17.00 horas. Xogos na ludoteca. Talleres para nenos/as. Obradoiro de psicomotricidade (0 a 5 anos).
•17.00 horas. Continuación dos XOGOS para maiores
•17.30 horas. Taller de aeróbic para maiores. Imparten monitores especializados.
•De 18.30 a 19.30 horas. Talleres de xogos ( de 5 a 9 anos).
•De 19.30 a 20.30 horas. Talleres creativos de confección e deseño de abalorios (a partir de 9 anos).
•19.00 horas. Aula de informática: taller de escrita e debuxo (7 a 14 anos).
•19.30 horas. Taller de memoria para maiores
•20.30 horas. Presentación da publicación dos colectivos das Fontiñas e encontro cos distintos colectivos.
•Actuación musical de habaneras
•Viño galego.

Compartir: