Viernes 27 de mayo 2005

Axenda

Exposición "El Quijote. Perspectivas" no Csc "José Saramago" de Vite

Ata o vindeiro 31 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago", de Vite. Aberta ao público de martes a sábado en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Na exposición, as ilustracións seleccionadas, entre elas as clásicas de Doré ou as máis persoais de Vela Zanetti, son o punto de partida para ver "El Quijote" dende outras perspectivas: contos, versos e adaptacións teatrais, xunto a versións íntegras e datos curiosos sobre a obra. A exposición tamén nos achega á vida do autor, á súa biografía, o seu estilo narrativo, a época histórica na que viviu, curiosidades, personaxes contemporáneas, etcétera. Aspectos que axudarán ao visitante a comprender a obra e a interesarse pola súa lectura.

Axenda

Guía de entidades de servizo á cidadanía de Fontiñas

O día 1 de xuño, ás 20,30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

O 1 de xuño, ás 20,30 horas, no el Centro Sociocultural de Fontiñas e dentro da celebración da IV semana cultural de Fontiñas, terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

Nela ofrécese información á cidadanía de Fontiñas sobre os programas e recursos dos que dispoñen nas distintas entidades do barrio.

Na guía participan:
1.- Centro sociocultural das Fontiñas.
2.- Concellaría da muller.
3.- Unidade de Traballo Social de Fontiñas - Servicios Sociais Municipais.
4.- Unidade Municipal de atención a drogodependentes (UMAD).
5.- Centro de saúde de Fontiñas.
6.- CEIP Fontiñas.
7.- IES Antón Fraguas.
8.- CEIP Monte dos Postes.
9.- Cruz Vermella.
10.- Cáritas Parroquial de Fontiñas.
11.- Programa de atención a familias monoparentais "Abeiro".
12.- Asociación Chavós.
13.- Fundación Secretariado Gitano.
14.- Asociación de veciños "As Fontes".
15.- ANPA "Fontela".
16.- Asociación de pensionistas e xubilados.
17.- Asociación Alfaia.
18.- Asociación Solfa.
19.- Club deportivo das Fontiñas.
20.- Outras entidades de interés.

Axenda

Futsal: II Campionato Intercentros de fútbol sala

Inscricións ata o 28 de maio

Inscricións nos centros socioculturais. Sorteo de equipos: martes 1 de xuño.

Local de xogo: pavillón do Quiroga.

O martes 31 de maio farase o sorteo para o calendario final.

Axenda

Próximas actividades do Centro Sociocultural A Trisca

Do xoves 26 ao sábado 28 de maio.

Xoves 26 maio ás 19 horas.
Club de Maiores: Actuación do grupo de teatro ATIDE (Aulas de terceira idade de Santiago). Recital-homenaxe a Hans Christian Andersen. O espectáculo inclúe varios contos do autor así como unha pequena mostra de cancións infantís e xuvenís.
Entrada libre

Venres 27 de maio ás 19 horas.
Charla sobre a alimentación sá. Impartida polo colaborador do centro Xesús Feás Sánchez

Tarde do 28 de maio
Saída infantil ao parque da Alameda. Xogos no parque
Gratuíto. Prazas limitadas.

Ata o 28 de maio tamén permanecerá aberta a exposición de esculturas do compostelán Anxo Villaronga, baixo o título "Bosquexos da realidade aparente".

Axenda

Balleteatro presenta o espectáculo de danza Olivia

Dentro do ciclo Portugal & Cía (Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas). Os días 27 de maio ás 21 horas e 28 ás 18 horas, na Sala Nasa.

Balleteatro (danza contemporánea para tódolos públicos-Porto, Portugal) presenta o espectáculo "Olivia"

Compartir: