Sábado 30 de abril 2005

Axenda

Clausura da V Campaña de Animación á Lectura

Sábado, 30
12.00 h.
5ª Campaña de animación á lectura
O sábado, 23 de abril, a partir das 12.00 horas na Galería Sargadelos (rúa Nova, 16), terá lugar a clausura da 5ª Campaña de animación á lectura "Palabras no bosque", organizada polo Departamento de Educación e Mocidade e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.

Na sesión de clausura desenvolveran unha sesión de contacontos, encontro con ilustradores e unha charla para familias co título "Animar a ler na casa" · Nestas actividades poden participar nenos e nenas, pais e nais e todas aquelas persoas interesadas na animación á lectura (educadores, monitores de tempo libre, etc.)
A participación nas actividades é libre e de balde.

Axenda

Seminario sobre "Intervención con familias que sofren violencia doméstica"

O Concello de Santiago colabora coa Universidade compostelá na organización do seminario de "Intervención con familias que sofren violencia doméstica", que se celebra en Santiago de Compostela o 28 e 29 de abril.

O Concello de Santiago colabora coa Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá na organización do seminario de Intervención con familias que sofren violencia doméstica destinado ao persoal técnico da administración local, que se celebra na Facultade de Psicoloxía da Santiago de Compostela (Campus Universitario Sur) o 28 e 29 de abril.

Este seminario enmárcase dentro das actividades de formación da Unidade de Psicoloxía Forense no ámbito da intervención familiar. Nel trátanse aspectos legais e psicosociais do maltrato intrafamiliar abordados desde a nova Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

O xoves 28 de abril pola mañá (de 10:00 a 14:30 horas) faise unha análise da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas) analízase a responsabilidade do persoal técnico nos informes ante a Administración de Xustiza.

O venres 29 de abril, analízanse as consecuencias do maltrato de xénero e as repercusións da separación conyugal na familia, entre outros temas.

Pódese obter máis información na Unidade de Psicología Forense. Tel.: 981 56 31 00. Extensión 13871 ou a través do e-mail: uforense@usc.es

Axenda

Útero Teatro presenta "Amor crú"

Portugal & cia - Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas

Na Sala Nasa, os días 28, 29 e 30 de abril.

Falar crú, ser crú, amar crú e morrer crú. Amor Crú é unha historia crú, un instre crú, un soño de corpos crús que viven a súa catástrofe na súa propia pregunta. Reproducir a cuestión da fugacidade da vida, da transitoriedade, o tráxico está na percepción da realidade.

A nosa historia crúa é un xogo dos sentidos, un mundo onde as accións e reaccións non están filtradas. Amor Crú desbrozase no feminino e no masculino, fala da nosa putrefacción mais profunda e da nosa beleza, para confundilas, temos a prescripción, a data de caducidade tatuada en corpos. Amor Crú é un discurso sobre unha sociedade urbana, sobre a velocidade, a manipulación do lugar onde todo pode virarse e revolverse contra ti. Falar de amor, de crueza e da invención de memorias. Está é unha "historia para queimar preguntas".

Axenda

Útero Teatro presenta "Amor crú"

Dentro de "Portugal & cia" (Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas). Organizado pola Concellaría de Cultura e Sala Nasa.

A compañía lisboeta Útero Teatro pon en escea "Amor crú", de Susana Vidal e Eric Costa. Con Carla Ribeiro, Sara de Castro e Susana Vidal.

Falar crú, ser crú, amar crú e morrer crú. Amor Crú é unha historia crú, un intre crú, un soño de corpos crus que viven a súa catástrofe na súa propia pregunta. Reproducir a cuestión da fugacidade da vida, da transitoriedade, o tráxico está na percepción da realidade. A nosa historia crú é un xogo dos sentidos, un mundo onde as accións e reaccións non están filtradas. Amor Crú desbrozase no feminino e no masculino, fala da nosa putrefacción mais profunda e da nosa beleza, para confundilas, temos a prescripción, a data de caducidade tatuada en corpos. Amor Crú é un discurso sobre unha sociedade urbana, sobre a velocidade, a manipulación do lugar onde todo pode virarse e revolverse contra ti. Falar de amor, de crueza e da invención de memorias. Está é unha "historia para queimar preguntas".

Axenda

Concerto de Babel

Os días 29 e 30 no Teatro Galán

Babel son Jesús Pimentel (direc. e guitarra flamenca), Arturo Ruade (voz, e guitarra acústica), Lucía Martínez (percusión) e Marcos Campos (gaitas e frautas).

Compartir: