Miércoles 27 de abril 2005

Axenda

O CSC José Saramago acolle a exposición fotográfica de Marcial San Martín

O centro sociocultural José Saramago de Vite acolle ata o vindeiro 27 de abril a exposición fotográfica de Marcial San Martín "Sinfonía para metais".

As fotografías desta mostra son fragmentos de realidade vistos a través dunha cámara, seleccionados e deglutinados por ela. As imaxes presentan elementos arquitectónicos descontextualizados, coa característica común da forte presencia do metal, o material constructivo dominante no século XX.

Marcial San Martín é un mozo afeccionado á fotografía, que estudiou na Escola Mestre Mateo de Santiago.

Na organización da exposición colaborou "Espacio Xove", servizo de mediación sociocultural no ámbito da promoción das formas de expresión cultural da xente moza.

O horario de visita é de martes a sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

Axenda

Seminario sobre "Intervención con familias que sofren violencia doméstica"

O Concello de Santiago colabora coa Universidade compostelá na organización do seminario de "Intervención con familias que sofren violencia doméstica", que se celebra en Santiago de Compostela o 28 e 29 de abril.

O Concello de Santiago colabora coa Facultade de Psicoloxía da Universidade compostelá na organización do seminario de Intervención con familias que sofren violencia doméstica destinado ao persoal técnico da administración local, que se celebra na Facultade de Psicoloxía da Santiago de Compostela (Campus Universitario Sur) o 28 e 29 de abril.

Este seminario enmárcase dentro das actividades de formación da Unidade de Psicoloxía Forense no ámbito da intervención familiar. Nel trátanse aspectos legais e psicosociais do maltrato intrafamiliar abordados desde a nova Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.

O xoves 28 de abril pola mañá (de 10:00 a 14:30 horas) faise unha análise da Lei Orgánica 1/2004 de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero e pola tarde (de 17:00 a 20:00 horas) analízase a responsabilidade do persoal técnico nos informes ante a Administración de Xustiza.

O venres 29 de abril, analízanse as consecuencias do maltrato de xénero e as repercusións da separación conyugal na familia, entre outros temas.

Pódese obter máis información na Unidade de Psicología Forense. Tel.: 981 56 31 00. Extensión 13871 ou a través do e-mail: uforense@usc.es

Axenda

Próximas actividades do CSC de A Trisca

O Centro Sociocultural de A Trisca organiza actividades para os vindeiros días de abril.

Mércores 20
O Club de Maiores organiza unha visita ao Museo das Ciencias da Universidade. Partirase desde o Centro Sociocultural ás 16.30 horas.

Venres 22 de 2005 ás 18 horas
Cine para a mocidade: "Escuela de Rock".

Sabado 23
Pola mañá, encontros coa cociña "Facendo rosquillas", organizado polo Club de maiores do barrio

Ademais, o Colectivo Sapoconcho organiza a exposición de pintura e obxectos "Os 7 pecados capitais" ata o 28 de abril de 2005.

Informacion e inscrición:
Csc A Trisca R/Corredoira das Fraguas 92, Santiago.
Teléfono 981543191

Axenda

Nancho Novo presenta "Defendiendo al cavernícola"

O 27 e o 28 de abril no Teatro Principal ás 21.00 horas.

"Defendendo ao cavernícula" foi o monólogo máis representado na historia de Broadway, e na súa honra, Rudolph Giuliani proclamou o Día do Cavernícola.

Axenda

Concerto do Quinteto Tati na Nasa

Dentro de "Portugal & cia" (Ciclo de novas expresións artísticas portuguesas). Organizado pola Concellaría de Cultura e Sala Nasa

O Quinteto Tati (Portugal) son J. P. Simoes (voz e guitarra), Sérgio Costa (teclados), Miguel Nogueira (guitarra), Pedro Pinto (contabaixo), Daniel Tapadinhas (trompeta) e Rui Alves (batería, percusión).

Un novo grupo liderado por J.P. Simoes e Sérgio Costa, músicos dos coñecidos "Belle Chase Hotel", que tocan valses, rumbas, boleros e outros estilos cantados en portugués. E o fan coa palabra no centro de todas as atencións. O seu primeiro Cd "Exílio" convertiuse nun éxito en Portugal, con máis de 8.000 copias vendidas o ano pasado. O disco conta con arranxos de Sérgio Costa e letras de J.P. Simoes, que xa desde os Belle Chase Hotel enredaba ao público na provocación da escrita. Letras vivas, xenuinamente portuguesas e plenas de ironía.

Compartir: