Martes 19 de abril 2005

Axenda

O CSC José Saramago acolle a exposición fotográfica de Marcial San Martín

O centro sociocultural José Saramago de Vite acolle ata o vindeiro 27 de abril a exposición fotográfica de Marcial San Martín "Sinfonía para metais".

As fotografías desta mostra son fragmentos de realidade vistos a través dunha cámara, seleccionados e deglutinados por ela. As imaxes presentan elementos arquitectónicos descontextualizados, coa característica común da forte presencia do metal, o material constructivo dominante no século XX.

Marcial San Martín é un mozo afeccionado á fotografía, que estudiou na Escola Mestre Mateo de Santiago.

Na organización da exposición colaborou "Espacio Xove", servizo de mediación sociocultural no ámbito da promoción das formas de expresión cultural da xente moza.

O horario de visita é de martes a sábado de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.

Axenda

A Real Filharmonía interpreta Pulcinella nos concertos didácticos

4.100 nenos de toda Galicia en total daranse cita nas instalacións do Auditorio coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida polo mestre compostelán Maximino Zumalave, que interpretará a obra de I. Stravinsky, Pulcinellla (Suite).
As sesións serán ás 10 e ás 12 no Auditorio de Galicia.

Os rapaces escoitarán a Suite de Pulcinella en versión revisada no ano 1949, baseada nun encargo que o empresario de ballet ruso Diaghilev lle fai a Stravinsky. O encargo en concreto é unha reorquestración dunha serie de temas do século XVIII que nese momento eran atribuidos a Giambattista Pergolesi para a realización dun novo ballet, para o que conta coa creatividade pictórica de Pablo Picasso na realización dos decorados.

A obra de Pulcinella consta de estractos de obras de autores barrocos; Stravinsky variounos e instrumentounos con grande mestría. Pulcinella é unha persoaxe típica da Commedia dell’Arte Italiana. Ë feo, xorobado, aínda que con atractivo para as mulleres; pode dorprender, algunhas veces é listo, audaz e outras torpe e vago.

Axenda

Concerto benéfico da Orquestra Sinfónica de Melide.

Organizado pola Asociación Down Compostela.

No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Melide dirixido por Fernando Arias.

Compartir: