Viernes 1 de abril 2005

Axenda

Charla sobre primeiros auxilios no ámbito doméstico

No Centro Sociocultural da Trisca

O venres 1 de abril, o Centro Sociocultural da Trisca acollerá unha charla sobre primeiros auxilios no ámbito doméstico. Será ás 18.30 horas no salón de usos multiples (3º andar).

Axenda

Exposición fotográfica itinerante de Óscar Dentice

Os centros socioculturais de Compostela organizan unha exposición itinerante de fotografías que, partindo do centro de Fontiñas, percorrerá os centros A Trisca, Conxo, Vite, e o Castiñeiriño durante vindeiros meses.

O venres 1 de abril, o Centro Sociocultural de Fontiñas acollerá ás 20 horas a inauguración da exposición fotográfica de Oscar Dentice "Santiago en Estado Puro".

Trátase dunha obra fotográfica que rescata do pasado as mais diversas manifestacións culturais e arquitectónicas que conforman un enclave histórico como é o de Santiago. "Santiago en estado puro" toma elementos presentes na realidade e complétaos con valores creativos propios como a cor, a luz, o brillo, perspectivas e ángulos focais.

Óscar Dentice naceu en Bos Aires, Argentina, en 1957. Como fotógrafo afeizoado participou en distintos concursos fotográficos sobre a temática urbanística. Desde hai tres anos vive en Compostela.

Axenda

Cinema xuvenil no CSC das Fontiñas

O venres 1 de abril ás 20 horas.

Proxección da película "Los abajo firmantes", de Joaquín Oristrell.

Axenda

Talía Teatro presenta "A paz do crepúsculo"

O 1, 2 e 3 de abril, na Sala Yago.

Na Sala Yago, Talía Teatro presenta "A paz do crepúsculo", de Itziar Pascual, con Toño Casais e Xabier Estévez. Adaptación e dirección de Cándido Pazó.

Compartir: