Martes 1 de marzo 2005

Axenda

Concerto didáctico "Pedro e o lobo"

No Teatro Principal, nova sesión dos concertos didácticos da Banda Municipal. A este concerto asistirán 219 escolares do CEIP Apóstolo Santiago, Lamas de Abade, Monte dos Postes e do Colexio Nosa Señora dos Remedios.

Dirixida a nenos de educación infantil (de 3 a 6 anos) e alumnos e 2º e 3 ciclo de primaria (de 8 a 12 anos) trátase dunha audición didáctica teatralizada por unha narradora, Paula Carballeira, da célebre composición Pedro e o lobo de Segei Prokofiev que permite coñecer os instrumentos e a sonoridade da banda e diferenciar os distintos estilos musicais.

Esta proposta complétase cunha carpeta de documentación para o profesorado, na que se inclúen a ficha técnica e pedagóxica e a publicación A Banda Municipal de Música, elaborada polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello.

Compartir: