Jueves 15 de diciembre 2005

Axenda

Club da Saúde Natural

No Centro Sociocultural das Fontiñas, actividades para o mes de decembro do Club da Saúde Natural.

DECEMBRO
CHARLA SOBRE O MEDIO AMBIENTE E A SÚA INFLUENCIA NA SAÚDE

Imparte: Persoal de ADEGA
Día e hora: sábado 3 ás 19 h.

TALLER DE COSMÉTICA NATURAL
Imparte: D. Xurxo Ramos Esperante
Día e hora: sábado 17 ás 19 h.
Prezo: 5 €/persoa (previa inscrición).

Axenda

Eduardo Estévez presenta "Interiores"

Dentro do Ciclo "Poeta en Compostela", o poeta nado en Arxentina presenta unha nova obra.

O día 15 no Casino de Santiago ás 19.30 horas Eduardo Estévez presentará e lerá algúns dos poemas do libro "Interiores", que se distribuirá ese mesmo día de balde con El Correo Gallego.

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Axenda

A última rata leva "OFF" á NASA

"Off" (Ópera Forte Fonética) é un diálogo permanente e explícito entre palabra e liguaxe non verbal (xesto, música, imaxe). Pero esa alianza oculta na ópera tradicional visibilízase nesta obra da Última Rata. Os elementos que configuran a ópera son aquí representados por intérpretes.

Estará en escea os días 14, 15 e 16 de decembro na Sala Nasa ás 22.00 horas.

Elenco: Fernando Abreu (barítono, clarinete A, clarinete baixo, percusión), Mónica de Nut (soprano, percusión), Ig (baixo, piano, percusión).
Narración: Isaac Cordal e Nela Quesada
Escenografía: Nela Quesada, Roi Fernández
Iluminación:Xurxo Troncoso
Vestiario, maquillaxe e imaxe ao vivo: Nela Quesada
Vídeo e realización en directo: Isaac Cordal
Idea, música, libreto e dirección: Ig

"Off" reflexiona sobre a saturación de doctrinas, sermóns e predicadores, e critica a servidume voluntaria (síndrome de Brown). Cunha peza electroacústica coma base da estrutura, xógase coas diversas patoloxías ou transtornos da linguaxe verbal, coma a disfonía, a dislexia, a disfasia... Para desafiar con medios artesanais as grandes producións operísticas.

Compartir: