Lunes 23 de febrero 2015
Axenda
Mostra fotográfica sobre os Xenerais da Ulla no Mercado de Abastos
A Aula Gastronómica do Mercado de Abastos de Santiago acolle unha exposición de fotografías escollidas, cheas de cor, que recolle a esencia e carácter do entroido rural tradicional dos "Xenerais da Ulla", declarada Festa de Interese Turístico de Galicia a finais de 2013.
A mostra reúne un total de 60 imaxes distribuídas en 22 paneis dos seguintes fotógrafos: José López (Jolope), Adolfo Enríquez (Arquivo Turismo de Galicia), José Ramón Moire, Puri Sangiao, Luismy, Aroa, Rubén Estudio Fotográfico, Anna Fotógrafa, Marcos Míguez, José Esteller, Ramón Torrente e Ana María García Turnes, entre outros.
Unha exposición que invita a visitar os lugares e parroquias, situados moi preto de Santiago, nos que se celebra esta singular tradición.
Ata o 1 de marzo, na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos.
Axenda
"Non hai burlas co amor", de Calderón de la Barca
Ensalzado, vilipendiado, desexado e aborrecido, o amor é o tema principal desta obra, que nos advirte de que ningún estamos libres de ser ferido polo dardo de Cupido. Programa escolar.
O luns 23 de febreiro, ás 9:30 e 11:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
"Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns", exposición no Auditorio de Galicia
Leopoldo Nóvoa. Papeis e cartóns é unha exposición dedicada á obra deste artista falecido hai tres anos en París e un dos representantes máis destacados da arte máis actual en Galicia. Achéganos a unha parte da extensa produción dun creador que traballou e investigou en soportes e técnicas diferentes que constitúen o seu mundo creativo e expresivo.
Ata o 14 de xuño, no Auditorio de Galicia. Entrada libre.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Granell e a palabra" e "Colección surrealista de Granell"
Dúas novas exposicións sobre o universo de Eunenio Granell: Granell e a palabra e Colección surrealista de Granell. Con estas dúas mostras, comisariadas por Natalia Fernández Segarra, directora do Museo Fundación Granell, continúa a actividade expositiva que conmemora a celebración do seu 20 aniversario (1995-2015).
Ata o 21 de xuño, na Fundación Eugenio Granell.