Domingo 15 de febrero 2015
Axenda
A cámara escura da Casa do Cabido
O Consorcio de Santiago convida a todos os cidadáns e visitantes a asistir a un curioso espectáculo na Casa do Cabido, na praza das Praterías. Na segunda planta do edificio, os interesados terán a oportunidade de ver, en total escuridade, a imaxe da Torre do Reloxo da Catedral proxectada de xeito invertido nas paredes do interior do inmoble.
Do 12 ao 18 de febreiro, agás o luns día 16, xa que a Casa do Cabido permanece pechada como é habitual.
Axenda
Concerto da Banda Municipal
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece este domingo o seu habitual concerto no Teatro Principal. Baixo o título Cando a música se volve paixón..., estará dirixido por Juan Miguel Romero Llopis e contará coa colaboración de Raúl Pérez Alves como óboe solista. A entrada será de balde ata completar as localidades da sala.
O domingo 15 de febreiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Entroido 2015
Ampla variedade de propostas para o Entroido 2015 en Compostela. O desfile do martes 17 será un ano máis o punto forte dun calendario que arrancará co desfile do Meco e que incluirá un festival infantil, obradoiros, actividades nos centros socioculturais, ofertas gastronómicas e a todas as propostas ligadas ao Entroido dos Xenerais da Ulla.
Do 14 ao 18 de febreiro, en diferentes espazos da cidade.