Miércoles 16 de mayo 2012
Axenda
Chema Madoz: "Ars Combinatoria"
O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.
Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"
Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.
Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
Mesa redonda "Traballar no audiovisual: segredos e recantos das rodaxes"
Mesa redonda Traballar no audiovisual: segredos e recantos das rodaxes dentro do programa Compostela Cine Classics ’12.
Participan:
- Dimas González (Compostela Film Commission)
- Dani de la Torre (director)
- Pepe Coira (guionista)
- Julio Casal (productor)
- Camila Bossa (actriz)
O mércores 16 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.