Jueves 13 de septiembre 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

XXII Semana Cultural de Conxo

O Centro Sociocultural de Conxo celebra unha nova edición da súa Semana Cultural cun programa con actividades para todas as idades.

Do 10 ao 15 de setembro, no Centro Sociocultural de Conxo.

Axenda

Lagarta, Lagarta representa "As últimas lúas"

"As últimas lúas", a obra do autor italiano Furio Bordón chega a Santiago da man de Lagarta, Lagarta. Narra a historia dun vello profesor de literatura xubilado que decide abandonar a casa en que vive co fillo e cos netos, para trasladarse a unha residencia da terceira idade. O ancián espera que tenten disuadilo, pero a súa sorpresa é que acollen a súa decisión con grande alegría.

O mércores 12 e o xoves 13, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: