Jueves 8 de febrero 2007

Axenda

A historia vai por barrios

O Programa de recuperación da memoria histórica dos barrios, "A historia vai por barrios", chega agora a Villestro.

Do 7 de febreiro ao 11 de marzo, no Centro Sociocultural de Villestro.

Axenda

Exposición sobre a identidade no CSC de Fontiñas

Mar Castro Manzanares é veciña de Conxo, estudou fotografía na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Na súa obra reflíctese o intento por afondar e abranguer o plano conceptual. A súa mirada vai do concepto á imaxe, nun camiño no que vai esmiuzando e devalando na procura final da súa plasmación integral a través da imaxe. Con comezo e fin, a obra "Identidade" incorpora significación ás imaxes e ilustra unha mensaxe que vai cobrando sentido ao tempo que se vai transmitindo.

O tema identidade, introdúcenos nun tema moi recorrente nos nosos días. A identidade individual e colectiva, o suxeito no mundo actual en que interesa en canto número. A identidade sentida como ausencia dela, a idea de encontrarnos a nós mesmos, de situármonos... A identidade como cambio. En fin, a busca da identidade.

Atao 15 de febreiro, no Centro Sociocultural de Fontiñas.

Axenda

A primeira sinfonía de Mozart no Auditorio

O milanés Aldo Ceccato dirixe á Real Filharmonía de Galicia nesta ocasión. Ao violín, James Dahlgren. O concerto estará integrado por:

- Sinfonía núm. 1 en Mi bemol maior, KV 16, de Wolfang Amadeus Mozart

- Concerto para violín mi menor, op. 64, de Félix Mendelssohn

- Gli Uccelli, de Ottorino Respighi

- Sinfonía Clásica, op. 25, de Sergei Prokófiev

O xoves 8 de febreiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: