Martes 20 de febrero 2007

Axenda

A historia vai por barrios

O Programa de recuperación da memoria histórica dos barrios, "A historia vai por barrios", chega agora a Villestro.

Do 7 de febreiro ao 11 de marzo, no Centro Sociocultural de Villestro.

Axenda

Entroido 2007

A Concellaría de Festas preparou un completo programa de actividades para todos os gustos e idades, que terán o seu punto álxido no desfile do martes de Entroido e na queima do Meco ao día seguinte.

Do 17 ao 21 de febreiro, en diferentes espazos da cidade.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: