Miércoles 9 de agosto 2006

Axenda

Terceira edición de Música na Rúa

Xalundes e a concellaría de Cultura colaboran para traer ás rúas e prazas de Compostela a música tradicional galega. Música na Rúa ofrece nesta nova edición un total de 20 concertos.

Do 7 ao 31 de agosto, en diversas rúas e prazas da cidade, en horarios de 20·30 e 21:00 horas.

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

Os monicreques de Kukas na Alameda

"Galicia máxica" é o nome do espectáculo que achega ata Compostela a compañía de Marcelino de Santiago, Kukas. Un espectáculo para todos os públicos no que se profundiza nas lendas galegas.

Os días 7, 8, 9, 16, 17, 21, 22 e 23 deste mes, ás 22:45 horas, no Paseo Central da Alameda. De chover, o espectáculo representarase no Teatro Principal ás 21:00 horas.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Compartir: