Viernes 30 de junio 2006

Axenda

Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca

A Fundación "la Caixa", o Departamento de Educación e Mocidade e a Consellería de Innovación e Industria colaboran na realización da exposición sobre "Culturas do Mundo. Coleccións do Museo de Dinamarca".

Os destinatarios son centros escolares, colectivos, asociacións e público en xeral.

En San Martiño Pinario, do 14 ao 27 de agosto.

Horarios de visita: De martes a domingo, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Visitas guiadas para grupos: previa cita no teléfono 981 55 44 00 (Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago).

Axenda

Charlas informativas sobre o novo permiso de conducir por puntos

O Departamento de Circulación e Seguridade Cidadá organiza unha serie de charlas para informar aos distintos colectivos da cidade sobre o funcionamento do novo carné de conducir por puntos.

29 de xuño

Hora: 20:30
Lugar: Salón de Actos da Cámara de Comercio de Santiago
Colectivo: Asociación de Hostalería, ACOTÉS, etc.

3 de xullo

Hora: 20:00
Lugar: Salón de Actos da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre
Colectivo: Empresarios do Polígono do Tambre.

5 de xullo

Hora: 12:00
Lugar: Aula Castelao, Facultade de Medicina de Santiago
Colectivo: Alumnos e profesores da Universidade.

6 de xullo

Hora: 20:30
Lugar: Auditorio de Galicia
Colectivo: Empresarios do transporte urbano, discrecional, taxistas e transportistas en xeral.

Axenda

"Dons da intemperie" na Fundación Granell

Unha nova exposición para a Fundación Granell: "Dons da intemperie: poéticas (obxectuais) do elemental". Os artistas descobren obxectos tanto orgánicos como industriais abandonados á intemperie, cunha enorme potencia poética e forza expresiva.

Na Fundación Granell, do 22 de xuño ao 18 de setembro.

Axenda

Ciclo de cine no Principal

O Teatro Principal acolle o ciclo de cine "Imaxes contra o esquecemento"

Do 26 a o 30 de xuño.

Axenda

Galicia século 21 no Auditorio

A compañía Galicia século 21, constituída en abril do 2005 por bailadores e músicos de grupos de baile e música tradicional reutiliza os recursos da tradición popular de xeito imaxinativo.

O venres 30, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: