Sábado 3 de septiembre 2005

Axenda

La Cubana presenta "Mamá, quero ser famoso"

A mítica compañía catalana, co apoio de Obra Social Caixa Nova, trae o seu novo espectáculo ao Auditorio os días 1 e 2 de outubro ás 21 horas.

O espectáculo que presenta La Cubana baséase nun programa televisivo da canle británica "CBN", que se retransmite en directo dende hai 30 anos para toda Europa, en busca de novos famosos.

"Mamá, quiero ser famoso", fai desfilar sobre o escenario todo aquilo que forma parte do fenómeno social de querer ser famoso a toda costa; exercer dunha forma desmesurada a fachenda, asomando, sexa como sexa e custe o que custe, a cabeza en televisión.

Non é unha parodia de televisión nin dos seus personaxes, senón maís ben dos espectadores.

Do respecto e o pudor desmesurado por sair na "caixa tonta",pasamos ao "todo vale." É so culpa da televisión e dos que a fanou tamén a audiencia é culpábel? Este interrogante e outros indican que se impón volver a facer o que deixamos de facer: pensar. E iso é o que pretende La Cubana co seu espectáculo: facenros reflexionar a través do riso.

Compartir: