Jueves 18 de agosto 2005

Axenda

O Centro sociocultural da Trisca mosta a exposición "Rexistro de imaxes"

A mostra fotográfica "Rexistro de imaxes" remata a súa exhibición nos centros socioculturais no centro da Trisca, onde poderá visitarse ata o 20 de agosto.

O centro sociocultural da Trisca acolle ata o próximo 20 de agosto a exposición "Rexistro de imaxes", unha mostra colectiva de 12 fotoxornalistas de medios de comunicación (xornais, revistas, axencias gráficas e mesmo institucións como a Xunta de Galicia) que de cotío cobren a actualidade da nosa cidade. As imaxes deron pé a calendario de mesa editado polo Concello.
Exposta inicialmente na Galería Sargadelos, a exposición foi exhibida ao longo deste ano nas salas dos diferentes centros socioculturais da cidade rematando no centro da Trisca

Horario:
Luns a Sábado de 10.00h a 14.00h e
Martes a Sábado de 17.00h a 20.00h

Compartir: