Domingo 29 de mayo 2005

Axenda

Exposición "El Quijote. Perspectivas" no Csc "José Saramago" de Vite

Ata o vindeiro 31 de maio, no Centro Sociocultural "José Saramago", de Vite. Aberta ao público de martes a sábado en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Na exposición, as ilustracións seleccionadas, entre elas as clásicas de Doré ou as máis persoais de Vela Zanetti, son o punto de partida para ver "El Quijote" dende outras perspectivas: contos, versos e adaptacións teatrais, xunto a versións íntegras e datos curiosos sobre a obra. A exposición tamén nos achega á vida do autor, á súa biografía, o seu estilo narrativo, a época histórica na que viviu, curiosidades, personaxes contemporáneas, etcétera. Aspectos que axudarán ao visitante a comprender a obra e a interesarse pola súa lectura.

Axenda

Guía de entidades de servizo á cidadanía de Fontiñas

O día 1 de xuño, ás 20,30 horas, no Centro Sociocultural de Fontiñas terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

O 1 de xuño, ás 20,30 horas, no el Centro Sociocultural de Fontiñas e dentro da celebración da IV semana cultural de Fontiñas, terá lugar a presentación da guía "As Fontiñas: entidades de servizo á cidadanía".

Nela ofrécese información á cidadanía de Fontiñas sobre os programas e recursos dos que dispoñen nas distintas entidades do barrio.

Na guía participan:
1.- Centro sociocultural das Fontiñas.
2.- Concellaría da muller.
3.- Unidade de Traballo Social de Fontiñas - Servicios Sociais Municipais.
4.- Unidade Municipal de atención a drogodependentes (UMAD).
5.- Centro de saúde de Fontiñas.
6.- CEIP Fontiñas.
7.- IES Antón Fraguas.
8.- CEIP Monte dos Postes.
9.- Cruz Vermella.
10.- Cáritas Parroquial de Fontiñas.
11.- Programa de atención a familias monoparentais "Abeiro".
12.- Asociación Chavós.
13.- Fundación Secretariado Gitano.
14.- Asociación de veciños "As Fontes".
15.- ANPA "Fontela".
16.- Asociación de pensionistas e xubilados.
17.- Asociación Alfaia.
18.- Asociación Solfa.
19.- Club deportivo das Fontiñas.
20.- Outras entidades de interés.

Axenda

"Jalisia, mi madriña!", no Teatro Principal

Días 28 e 29 no Teatro Principal ás 21 horas. Reservas: Caixa Nova. Tlf: 902 504 500. www.caixanova.com. Na taquilla do teatro de 12,30 a 2 e de 6 a 8,45 os días da función.

"Volta e dalle teatro" presenta "Jalisia ¡mi madriña!", de Nazaret López. Con Comba Campoy e Pepe Penabade.

"Jalisia, ¡mi madriña!" é unha comedia que, a modo de collage de historias que se cruzan e se entrecruzan, fai un percorrido polos estereotipos dun país que tanto se aferra o pasado como se lanza –moitas veces sen paracaídas- ó porvir e que convive con naturalidade coas súas preguntas, os seus mitos e as súas pantasmas. Os do interior e os capitolinos, os retornados e os que nunca marcharon, os que soñan co polígano e os que miran o tren que parece que vai chegar, os que nunca cambian e os que viven en constante peregrinación, os que contan o que saben e os que calan o que lles parece… forman parte desta galería jaleja na que non faltan espíritus excelsos e persoeiros de solemnidade. Escrita e dirixida pola xornalista Nazaret López, Jalisia mi madriña! está interpretada por Pepe Penabade e Comba Campoy que dan vida a toda unha serie de personaxes, ben recoñecibles na nosa jalisia. Ademáis poblan esta rood movie peregrina moitas outras, voces que chegan dende os medios de comunicación, o máis alá, os soños... "Jalisia, mi madriña" é unha exposición de caricaturas universais que se valen do próximo e do inmediato para compoñer un particular álbum de fotos no que non están tódolos que son pero son tódolos que están.

Compartir: