Martes 10 de mayo 2005

Axenda

Sarabela no Principal

Presenta "Rolda de caricias".

Ás 21:00 h. no Teatro Principal, Sarabela teatro presenta "Rolda de caricias", de Sergi Belbel con Nate Borrajo, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Suso Díaz, Sabela Gago, Tito R. Asorey, José A. Porto "Josito" e Elena Seijo. (En colaboración co Igaem).

Axenda

Concerto de música rock con Sphinx na Sala Nasa

SPHINX son: Carlos Delgado (batería), Justi Bala (guitarra), Santi Suárez (guitarra), José Pineda (Baixo), Manuel Rodríguez (voz)

No ano 2004 os gaditanos SPHINX foron considerados unha das mellores bandas de heavy metal cantado en castelán. A creatividade, a forza e o carismo son cualidades que os teñen levado a ocupar o espazo e a atención dos principais foros do xénero metálico.

Xa co seu primeiro disco conseguira atraer a numeroso público cunhas letras que falaban tanto de problemas cotiáns como evocaban pasaxes épico-históricas, e cunha música autenticamente heavy a base de guitarras dobradas, riffs moi pegadizos e cheos de forza, teclados na súa xusta medida, baterías contundentes e unha voz especialmente carismática. O impacto conseguido levounos a tocar convidado con bandas como Mago de Oz, Ankhara, Obus ou Dark Moor e a participar nos festivais Derrame Rock e Viña Rock. Agora están metidos de cheo no "Mar de Dioses Tour", co que están a presentar o seu novo disco por toda España.

Compartir: