Viernes 16 de diciembre 2005

Axenda

Club da Saúde Natural

No Centro Sociocultural das Fontiñas, actividades para o mes de decembro do Club da Saúde Natural.

DECEMBRO
CHARLA SOBRE O MEDIO AMBIENTE E A SÚA INFLUENCIA NA SAÚDE

Imparte: Persoal de ADEGA
Día e hora: sábado 3 ás 19 h.

TALLER DE COSMÉTICA NATURAL
Imparte: D. Xurxo Ramos Esperante
Día e hora: sábado 17 ás 19 h.
Prezo: 5 €/persoa (previa inscrición).

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Axenda

A última rata leva "OFF" á NASA

"Off" (Ópera Forte Fonética) é un diálogo permanente e explícito entre palabra e liguaxe non verbal (xesto, música, imaxe). Pero esa alianza oculta na ópera tradicional visibilízase nesta obra da Última Rata. Os elementos que configuran a ópera son aquí representados por intérpretes.

Estará en escea os días 14, 15 e 16 de decembro na Sala Nasa ás 22.00 horas.

Elenco: Fernando Abreu (barítono, clarinete A, clarinete baixo, percusión), Mónica de Nut (soprano, percusión), Ig (baixo, piano, percusión).
Narración: Isaac Cordal e Nela Quesada
Escenografía: Nela Quesada, Roi Fernández
Iluminación:Xurxo Troncoso
Vestiario, maquillaxe e imaxe ao vivo: Nela Quesada
Vídeo e realización en directo: Isaac Cordal
Idea, música, libreto e dirección: Ig

"Off" reflexiona sobre a saturación de doctrinas, sermóns e predicadores, e critica a servidume voluntaria (síndrome de Brown). Cunha peza electroacústica coma base da estrutura, xógase coas diversas patoloxías ou transtornos da linguaxe verbal, coma a disfonía, a dislexia, a disfasia... Para desafiar con medios artesanais as grandes producións operísticas.

Compartir: