Jueves 17 de noviembre 2005

Axenda

PROGRAMA CLUB DA SAÚDE NATURAL

Actividades que se celebrarán no Centro Sociocultural das Fontiñas para novembro.

CHARLA SOBRE O NACEMENTO SEN VIOLENCIA.
RECOMENDACIÓNS DA OMS PARA UN PARTO
MÁIS SEGURO, MÁIS HUMANO E MÁIS RESPECTUOSO.

Imparte: Dna. Rosa Neira
Día e hora: sábado 12 de novembro ás 19 h.

TALLER PRÁCTICO SOBRE FLORES DE BACH
Imparte: Dna. Carmen Villar
Día e hora: 19 e 26 de novembro de 19 a 21 h.
3 de decembro de 17 a 19 h.
Prezo: 30 € /persoa

Axenda

Ana Romaní presenta "Love me tender"

Dentro do ciclo "Poeta e Compostela", organizado por "El Correo Gallego" e a Concellaría de Cultura.

Ás 19:30 h no Casino de Santiago, dentro do CICLO LITERARIO "Poeta en Compostela", presentación do libro "Love me tender" de Ana Romaní, que se entrega o xoves 17 gratuitamente con El Correo Gallego.

Ana Romaní é unha das poetas máis importantes das últimas xeracións: a autora noiesa autoeditou con 25 anos "Palabra de mar", participou en varias ocasións no festival de Poesía do Condado e en edicións colectivas ("Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra", "Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas" e "X. Espazo para un signo".). Fixo literatura infantil ("Marmelada de amoras"), ensaio ("Construír a paz") e antoloxías, pero o seu xénero é a lírica ("Arden", "Do diario da princesa" e "Das últimas mareas").

Axenda

Concertos da Real Filharmonía

Concertos programados para xaneiro de 2006.

Mércores 18 / 21:00 h
THE AGE OF THE ENLIGHTENMENT
Gustav Leonhardt, director
Capella Amsterdam
Odas de Purcell
Prezo: 18 €

Venres 27 / 21:00 h
Robert King, director
Haendel, Concerto grosso en Si bemol, op. 3 nº 2
Geminiani, Concerto grosso en mi menor, op. 3 nº 3
Rameau, Les Boréades (Suite)
Haendel, Música acuática, HWV 348-350
Prezo: 9 €

Compartir: