Lunes 15 de febrero 2016
Axenda
"Henry Moore. Arte na rúa", exposición escultórica ao aire libre na praza do Obradoiro
Henry Moore (1898-1986) é un dos grandes mestres da escultura moderna. Nas décadas que seguiron á Segunda Guerra Mundial acadou sona en todos os sitios polos bronces monumentais expostos en espazos exteriores, cívicos e públicos de todo o mundo, de Escocia á beira do Mar Vermello, da escola secundaria da vila onde naceu, Castelford, en Inglaterra, á sede de Nacións Unidas en Nova York. A mostra está organizada pola Fundación "la Caixa" en colaboración con The Henry Moore Foundation.
Do 21 de xaneiro ao 28 de marzo, na praza do Obradoiro.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
"José Suárez. Uns ollos vivos que pensan", mostra fotográfica no Museo Centro Gaiás
O Museo Centro Gaiás acolle ata marzo de 2016 a mostra José Suárez. Un ollos vivos que pensan, a maior exposición realizada ata o de agora sobre un dos grandes nomes da fotografía do século XX, amosando todas as súas series, así como obxectos persoais e documentos da época.
Ata o 27 de marzo, no Museo Centro Gaiás.
Axenda
Intervención de Neves Seara na Zona "C" de Bonaval
A Zona "C", espazo de intervención, abre, coa intervención da artista Neves Seara, unha nova etapa resultado da Convocatoria 2016 Zona "C" Artes Visuais, dirixida a proxectos de intervención artística, proxectos de comisariado e comunicación gráfica. A intervención leva por título 73 líneas de horizonte (segunda carta a mi padre).
Do 10 de febreiro ao 27 de marzo, na Zona C.
Máis información: Compostela Capital Cultural
Axenda
XXII edición do Festival Internacional de Teatro Universitario
Nova edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, desta vez con catro representacións:
- Luns 15: A casa do vestido castanho. TeatrUBI e Asta. Universidad da Beira Interior (Portugal).
- Martes 16: Cinzas. Aula de Teatro da USC.
- Mércores 17: Terror y miserias del tercer milenio. Teatro de la Universidad de Puerto Rico.
- Xoves 18: Ija ir Europa. Vilnius Gediminas Technical University Theater Studio, Palepe (Lituania).
Do 15 ao 18 de febreiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Máis información: Compostela Capital Cultural