Martes 24 de junio 2008

Axenda

Exposición na Alameda dedicada a Curros Enríquez

O Paseo Central da Alameda acolle unha exposición dedicado ao escritos celanovés Curros Enríquez, un dos autores do Rexurdimento galego e persoeiro histórico das nosas letras.

Do 19 de xuño ao 2 de xullo no Paseo Central da Alameda.

Axenda

Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo

Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.

No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.

Axenda

"Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", que reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas

Do 18 de xuño ao 14 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Música e conferencias no centenario do pasamento de Curros Enríquez

Continúan os actos de lembranza da figura de Curros Enríquez no centenario do seu pasamento.

A partir das 20:00 horas, no Centro Sociocultural do Ensanche, a filóloga e mestra da Universidade de A Coruña, Pilar García Negro, desenvolverá o relatorio "A defensa da lingua galega en Curros Enríquez".

Unha hora máis tarde, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, terá lugar un recital poético-musical co título "Na fronte unha estrela", arredor de poemas e cantigas líricas baseadas nos seus textos. Participarán a mezzosoprano María José Ladra e o barítono Antón de Santiago, mentres que a parte instrumental correrá a cargo do grupo Cítola.

O xoves 24 de xuño, ás 20:00 e 21:00 horas, no CSC do Ensanche e no Teatro Principal, respectivamente.

Compartir: