Domingo 22 de junio 2008

Axenda

Exposición na Alameda dedicada a Curros Enríquez

O Paseo Central da Alameda acolle unha exposición dedicado ao escritos celanovés Curros Enríquez, un dos autores do Rexurdimento galego e persoeiro histórico das nosas letras.

Do 19 de xuño ao 2 de xullo no Paseo Central da Alameda.

Axenda

Semanas Culturais na Trisca e no Castiñeiriño

"A vida nas palabras" é o título elixido polo Centro Sociocultural da Trisca para servir de fío condutor da súa Semana Cultural. Celebrarase do 16 ao 22 de xuño e contará con música, contacontos, cinema, obradoiros, teatro e excursións. Nas mesmas datas, o CSC do Castiñeiriño celebra tamén a súa semana de actividades.

Do 16 ao 22 de xuño nos CSC da Trisca e do Castiñeiriño.

Axenda

Mostra de fotografía dos nenos da Escola Infantil de Conxo

Os rapaces e rapazas de 3 a 6 anos da Escola Infantil Municipal de Conxo, que forman parte dende hai 3 anos do Obradoiro de arte, expoñen unha pequena mostra do seu labor artístico.

No Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo, ata o 25 de xuño.

Axenda

"Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", no Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia acolle a mostra "Fotógrafos insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo", que reúne imaxes tiradas por celebridades de distintas disciplinas artísticas

Do 18 de xuño ao 14 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Treixadura e o Orfeón Treixadura no Teatro Principal

Dentro do ciclo Tradición e Folk, incluído no Circuíto 4x4, da Consellería de Cultura e Deporte, chega ao Principal Treixadura e o Orfeón Treixadura.

O luns 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: