Sábado 18 de octubre 2008

Axenda

A mostra "Marxes e Mapas", no Auditorio de Galicia

Marxes e Mapas é unha mostra colectiva pensada como un conxunto de miradas ao redor dun mapa creativo que toma como punto de partida mediados da década dos noventa, ao ser este momento inicio e afirmación dunha serie de importantes mudas e procesos na realidade galega e toma como referencia contextual a mostra A arte inexistente.

Do 9 de otubro de 2008 ao 1 de febreiro de 2009, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Fuxan os Ventos ao vivo en Sons da Diversidade

O Festival Sons da Diversidade retoma a súa actividade tras o parón estival co concerto dun grupo histórico da música galega: Fuxan os Ventos.

O sábado 18 e o domingo 19, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: