Jueves 20 de septiembre 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

III Semana Cultural da Rocha

O Centro Sociocultural da Rocha celebra a terceira edición da súa Semana Cultural cun programa cheo de actividades para todos.

Do 18 ao 22 de setembro no Centro Sociocultural da Rocha.

Compartir: