Martes 21 de agosto 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Festival D'Gorra

Celébrase a cuarta edición do Festival D'Gorra. Espectáculos circenses das máis variadas disciplinas nas rúas e prazas de Compostela e coa participación moi directa do público.

Do 14 ao 26 de agosto.

Axenda

Feitoaman 2007: Música + Cidade Vella

O mes de agosto trae de novo os concertos de "Feitoaman" ás prazas da Cidade Vella. Jazz, canción de autor, música brasileira, rock progresivo ou funky son algúns dos estilos que se farán presentes nas noites de verán de Compostela.

Do 7 ao 26 de agosto, en diversas prazas da Cidade Histórica.

Compartir: