Jueves 24 de mayo 2007

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

Pezas de Mozart e Weber nun novo concerto no Auditorio

A Real Filharmonía Galega, dirixida por Jean Jacques Kantorow contará co californiano James Dahlgren como solista. Ademais das dúas pezas de Mozart o repertorio incluirá unha Sinfonía de Carl. M. v Weber.

O xoves 24 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: