Viernes 18 de mayo 2007

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

Dúas novas voces interpretan o "Re Pastore" de Mozart

A soprano italiana de vinte anos, Alessandra Marianelli, e o tenor albanés de vinteseis, Saimir Pirgu, actuarán coa Real Filharmonía de Galicia, baixo as ordes de Umberto Benedetti Michelangeli.

O venres 18 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: