Martes 17 de abril 2007

Axenda

Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio

"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.

Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.

Axenda

Beethoven protagoniza un novo concerto didáctico

Novo concerto didáctico da Real Filharmonía, que interpreta o quinto dos concertos para piano e orquestra de Beethoven, "Emperador". Escrito en 1809, nel conflúen virtuosismo e sinfonismo.

Os días 17 e 18 de abril, ás 10:00 e 12:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Compostela Máxica

Diversos espazos da cidade acollen "Compostela Máxica 2007", unha semana internacional de ilusionismo, con algúns dos máis recoñecidos magos do panorama internacional. Máis de 60 intervencións.

Do 15 ao 21 de abril, no Auditorio de Galicia, no Teatro Principal, nas prazas e rúas de Compostela, nos centros socioculturais e nos centros de ensino.

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: