Sábado 17 de marzo 2007

Axenda

Mostra sobre Luis Seoane no Auditorio

"Luis Seoane da costa de Circe á costa da Morte" é o título da exposición que acolle o Auditorio de Galicia, con óleos da colección Alcalde Varela. A mostra está comisariada por Rosa Espiñeira Pan e producida pola Concellaría de Cultura.

Do 27 de febreiro ao 29 de abril, no Auditorio de Galicia.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h, excepto os días de concerto, que pecha ás 19:00 h.

Axenda

"O debuxo por diante"

Oportunidade para contemplar en varios espazos da cidade a exposición "O debuxo por diante". Esta mostra pretende por en valor esta manifestación artística, presentándoa coma unha ferramenta indispensable para coñecer a arte contemporánea de todos os tempos.

Do 13 de marzo ao 29 de marzo no Auditorio de Galicia, na Fundación Granell, no CGAC, no Espazo C e na Igrexa da Universidade.

Axenda

O compromiso co patrimonio natural en "Art Natura"

A mostra achegará aos visitantes as obras de máis dun cento de artistas e escritores galegos para expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural. "Art Natura".

Ata o 16 de abril, de 18:00 a 21:00 horas, no Instituto Rosalía de Castro.

Axenda

As corais compostelás nos centros socioculturais

As corais de Santiago percorren coas súas actuacións os centros socioculturais.

Todas as actuacións son ás 20:00 horas, agás nos CSC das Fontiñas e no CSC Aurelio Aguirre de Conxo, que son ás 19:30 horas.

Axenda

I Ciclo Revelando Voces

As Concellarías de Cultura e Educación e Mocidade poñen en marcha un proxecto para que os novos intérpretes composteláns se dean a coñecer no mundo musical da cidade apoiados por artistas xa máis recoñecidos. O ciclo "Revelando voces" acollerá no mes de marzo os concertos de sete artistas que mostrarán ao público o seu traballo dos últimos anos.

Ao longo do mes de marzo, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche.

Axenda

Zona Alternativa

A Sala Nasa acolle a oitava edición do proxecto "Zona Alternativa". Danza, teatro, música e outras expresións artísticas.

Durante o mes de marzo, na Sala Nasa.

Axenda

"Un conto de inverno" no ciclo Teatro en Xira

Teatro en Xira, organizado pola Concellaría de Cultura co apoio da Fundación Caixa Galicia, continúa coa súa programación. Nesta ocasión represéntase "Un conto de inverno", un clásico de Shakespeare revisado por dous dramaturgos do xenio de Sanchís Sinisterra e Magüí Mira. Conta como o rei de Sicilia, Leontes, acusa e condena á súa muller embarazada, a raíña Hermiona, de adulterio co seu mellor amigo, Políxenes, o rei de Bohemia. Os acontecementos parecen precipitarse cara un desenlace fatal, pero o destino, con todo, deparará xiros sorprendentes...

O sábado 17 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: