Viernes 19 de octubre 2007

Axenda

Santiago dC

A sede do antigo Banco de España acolle a exposición "Santiago dC", pensada polo Consorcio de Santiago para achegar dun xeito diferente a realidade urbana da cidade e os seus cambios e transformacións nos quince anos de historia deste organismo interadministrativo.

A mostra componse de 200 fotografías que crean unha verdadeira cidade dentro da cidade, un espazo de reflexión que, dende o pasado, empurra cara o futuro.

Ata o 30 de decembro, no Banco de España (praza das Praterías).

Axenda

Exposición de Quintana Martelo

O artista compostelán Quintana Martelo expón a súa obra gráfica.

Do 26 de setembro ao 5 de decembro, no Auditorio de Galicia e na Igrexa da Universidade.

Axenda

O violinista Ilia Gringolts interpreta temas de Stravinsky, Weill e Honegger

Os mellores compositores do século XX serán interpretados pola Real Filharmonía de Galicia no seu segundo concerto de abono, baixo a batuta de Josep Caballé e co virtuosismo do novísimo violinista ruso Ilia Gringolts.

O venres 19 de outubro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: