Viernes 12 de enero 2007

Axenda

Pista de xeo en Salgueiriños

Na explanada de Salgueiriños, oportunidade para gozar da patinaxe sobre xeo nunha pista de 20 x 30 e nunha carpa de 1.300 metros cadrados.

O prezo é de cinco euros a hora e os patíns están disposición dos usuarios na carpa.

Horario de mañá e tarde. Os xoves, venres e sábado, horario nocturno ata a unha da madrugada.

Axenda

Teatro Escolar no Principal

"Buh! ¿quen non pasou unha noite de medo?" é a obra que poderán ver os máis novos ao longo de varias representacións. O elenco de Berrobambán fórmano Teresa Rodríguez, Manolo Vázquez, Lorena Conde e Chiqui Pereira. Dirixe Paula Carballeira.

Os días 10, 11, 12, 15, 16, 17, 18, 19 e 22 de xaneiro, ás 10:30 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Exposición "Memorial da liberdade"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galicia 1936-1977", comisariada por Enrique Acuña.

Do 3 de novembro de 2006 ao 31 de xaneiro de 2007.

Horario: todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (excepto os días de concerto ata as 19:00 h).

Axenda

Nut Teatro interpreta "Corpos disidentes"

Nut Teatro trae ao Principal "Corpos disidentes", con Andrea Álvarez, Xiana López, Nerea Barros e Iria Sobrado. Dirixe Carlos Neira Noya.

O venres 12 e o sábado 13 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Curso de teatro no Castiñeiriño

A Asociación de Veciños O Castiñeiro e a AC Xurásica botan a andar a Aula de Teatro do Castiñeiriño. O barrio contará cunha actividade máis para a súa oferta de lecer, unhas clases impartidas pola actriz Ursia Gago e o seu equipo.

Do 10 de outubro de 2006 ao 30 de xuño de 2007, de 20:30 a 22:30 horas, no Castiñeiriño.

Compartir: