Viernes 10 de junio 2005
Axenda
Presentación do Racismomatón
Estará ubicado durante 10 días na sede do COIE, no Campus Sur.
O Racismomatón consiste nunha cabina de fotomatón computerizada na que, por medio dun xogo de ordenador, permite, libre e voluntariamente, someterse a un sinxelo test de cinco minutos que avalía as actitudes do usuario cara ao inmigrante.
O test non ten por obxecto determinar se o usuario é ou non racista, senón sensibilizar sobre o problema inducindo o debate e a reflexión.
Axenda
Sarabela no Teatro Principal
Presenta "Rolda de caricias"
Sarabela teatro presenta Rolda de caricias de Sergi Belbel con Nate Borrajo, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Tito R. Asorey, José A. Porto "Josito" e Elena Seijo. Dramaturxia e dirección: Ánxeles Cuña Bóveda. (En colaboración co Igaem)
Axenda
Chega a Festa do Circo
O día 9 ás 22.00 h. e os días 10 e 11 ás 23.00 horas.
Na Sala Nasa, Festa do Circo.