Viernes 17 de diciembre 2010
Axenda
"Poesía suspensa" na Zona C
Poesía suspensa é unha mostra poética e pictórica comisariada por Luciano Rodríguez e Emilio Liñares que se puido ver ao longo do Camiño de Santiago nalgún dos seus albergues máis representativos. Agora exhíbese en Santiago.
Do 3 de decembro ao 30 de xaneiro na Zona C.
Axenda
Apalpando as ilusións 2010
O programa Apalpando as ilusións leva aos centros e locais socioculturais da cidade diversas actividades lúdicas, culturais e de conciliación familiar co Nadal como marco.
Ata o 4 de xaneiro nos centros socioculturais.
Axenda
"A nona", por Teatro do Morcego
Teatro do Morcego trae ao Principal a súa última produción, A nona, de Roberto Cossa. Con Miguel Pernas, Mundo Villalustre, César Goldi, Mónica Camaño, Elina Luaces,
Miguel Varela e Iolanda Muiño. Dirección: Celso Parada.
O venres 17 e o sábado 18 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal