Jueves 21 de enero 2010

Axenda

Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

Unha selección de 35 obras de entre as 158 presentadas compoñen a Exposición do VI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

A mostra está composta polas obras pertencentes aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira, Borja Doel, Joan Morera, A Ama de casa, Sara Fuentes, Desperfecta, Nuria Villa, Ignacio García, Fruela Alonso, Holga Méndez, Mónica Cabo, Víctor Hugo Costas, Tamara Feijoo, Josetxu F. Cárcamo, Fran Miguens, Juan Varela, Damián Ucieda, Enrique Lista, Chas, Nicolás Combarro, Jesús Madriñán, Maribel Castro, Christian García Bello, Marcos Blanco, Dolores Fuertes, Mauro Trastoy, Eduardo Valiña, Jacobo Bugarín, Batbirulau, Nuria Ruibal, Olmo Blanco, Raquel Durán, Jorge Migoya, Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

Do 2 de decembro ao 28 de febreiro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

"Microvoyages", de Esther Ruíz de Pablos, na Zona C

Baixo o nome de Microvoyages, a novísima Esther Ruíz de Pablos presenta este proxecto expositivo no que domina o espírito audiovisual.

A mostra é o resultado do traballo do Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e está comisariado por Antonio Díaz Correa.

Do 5 de novembro ao 31 de xaneiro na Zona C.

Axenda

"De cerca nadie es normal" no Principal

Chega a Compostela a obra de teatro De cerca nadie es normal, unha comedia de Aitana Galán e Luis García-Araus. Con Silvia Espigado, Ángel Jordá, Fede Rey, Virginia Méndez e Víctor Sevilla.

O mércores 20 e o xoves 21 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

O violinista Bejamin Schmid coa Real Filharmonía de Galicia

Novo concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave. Nesta ocasión contarán coa colaboración do violinista Benjamin Schmid. Intepretaranse obras de García López Picos, Korngold e Dvoràk.

O xoves 21 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Compartir: